Curso en Ourense de Monitor/a en actividades de tempo libre da ETL Aventeira

22 Feb 2021

A ETL Aventeira Escola convoca un curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que inclúe o Certificado de Manipulador/a de Alimentos e contido especializado en xénero e igualdade, educación emocional, comunicación non violenta, participación e orientación laboral no tempo libre.

Datas:
Parte presencial:  sábados e domingos do 13 de marzo ao 9 de maio. 180 horas
Parte online:  do 10 ao 16 de maio. 20 horas
Horario:
Parte presencial:  de 9:00-14:00 e de 16:00-21:00.
Parte online:  horario flexible, auto-organización por parte do alumno ou alumna.
Lugar:  Escola de baile Don't Stop. Rúa Ensino, 4 Galerías C.C. Couto loc 113-114, 32002 Ourense (agás algunhas a
Duración:  200 horas da fase teórico-práctica (180 horas presenciais e 20 online) e 150 horas da fase de prácticas. Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas teórico-prácticas para superar o curso, así como superar a parte práctica.

Teléfonos: 722 349 497 e 722 349 489
Correo electrónico:  escola@aventeira.com
Prezo e prazo de inscrición:  260 euros ata o 5 de marzo e 280 ata o 10 de marzo.
Formulario de inscrición e máis información: https://aventeira.com/escola-de-tempo-libre/matl/