E ti, como controlas?

22 Feb 2021

A Fundación Esplai convoca o concurso de guións de curtos sociais “E ti, como controlas?”, un programa que pretende sensibilizar á cidadanía, a través da creación e divulgación de vídeos-anuncio sobre temas sociais, deseñados por mozos/as.

Fases:

Inscríbete no formulario web. Recibirás os materiais sobre como elaborar un guion por correo electrónico.
Envía o teu guión: podes envialo contestando o correo electrónico desde o que che chegará o material.
Gravación dos guións gañadores: se o teu guión está entre os elixidos como gañadores, contarás coa axuda de persoal profesional para gravalo.
Festival “Mocidade Comprometida Film Festival”: terá lugar no Foro de Fundación Esplai, en maio. Alí visionaranse os vídeo-anuncios dos guións gañadores e poderás compartir experiencias coas persoas participantes, sexa en sistema virtual e /ou presencial.

Como deben ser os guións?

Temática e mensaxe: guións para vídeos-anuncios de temas sociais onde estean presentes as consecuencias dun uso negativo das tecnoloxías e internet, o consumo de alcol e tabaco, desde a perspectiva da sensibilización, e tendo en cuenta a prevención, a posta en activo das habilidades sociais das persoas para iso. Mostrando así, a importancia do uso saudable das tecnoloxías e internet. Tamén sobre hábitos saudables en relación ao tabaco e o alcol. Os guións non poden estar escritos e/ou editados por profesionais.

Protagonistas: Persoas mozas

Información que debe aparecer no guion: Nome da entidade, número de mozos/as que compoñen o grupo e logo de Fundación Esplai.

Os vídeos visionaranse no Festival “Mocidade Comprometida Film Festival”, en maio no marco da celebración do Foro Fundación Esplai Cidadanía. Comprometida, evento anual, en sistema virtual e/ou presencial que Fundación Esplai desenvolve.

Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto Actívate, un programa de prevención no tempo libre e financiada polo Plan Nacional sobre Drogas.

Requisitos
Poden participar persoas mozas de 15 a 18 anos.
Concurso de ámbito nacional.
Deberase participar en grupo.
Terase en conta a creatividade, as persoas implicadas, a atención a cuestións de promoción da igualdade xénero, antirracista, de responsabilidade ambiental e os Obxectivos de Desarollo Sostible, ODS, en xeral.
Podes participar con máis dun guión, os cales deben ser de autoría propia (é dicir, orixinais).
Os guións non poden estar escritos e/ou editados por profesionais.
O xurado resérvase o dereito de descartar os guións que non reúnan un mínimo de requisitos de calidade ou que puidesen resultar ofensivos ou de mal gusto.

Dotación
Gravación do guion cun equipo profesional. Os vídeos colgaranse na canle de Youtube de Fundación Esplai.

Prazo: ata o 18 de marzo de 2021

Asistencia ao Festival “Mocidade Comprometida Film Festival” onde se visionarán os vídeos. Viaxe e estancia para dúas persoas (unha das persoas debe ser maior de idade) en Madrid.

https://fundacionesplai.org/blog/socioeducativa/concurso-guiones-2021/