XXXV Concurso de cómic "Nobre Vila de Portugalete"

22 Feb 2021

O Concello de Portugalete convoca o XXXV Concurso de cómic "Nobre Vila de Portugalete".

O tema será libre, pero os personaxes protagonistas deberán ser orixinais, de creación propia, e inéditos. Só se poderá presentar ao concurso a obra orixinal, que poderá ser realizada en técnica libre. Queda excluída calquera tipo de copia. Aceptaranse como orixinais as obras creadas ou tratadas con técnicas informáticas.

Establécense dúas categorías:
- Cómic. As obras constarán de catro páxinas impresas, numeradas, convenientemente rotuladas, en tamaño de DIN A-4, ou medida proporcional e en formato vertical.
- Tira cómica. As obras presentaranse impresas, convenientemente rotuladas, en tamaño de 19 x 8 cm, ou medida proporcional, dividida en dúas ou máis viñetas. O formato será horizontal.

As obras poderán ser presentadas en eúscaro ou castelán. Os traballos poderán presentarse tanto en cor como en branco e negro, non poderán levar o nome do autor de maneira visible e presentaranse en sobre, sen firma nin nome, baixo un título ou lema. No seu interior incluirase outro sobre co mesmo título e os datos persoais da autora, autor ou autores: nome e apelidos, teléfono, data de nacemento, dirección completa e dirección de correo electrónico, xunto cunha fotocopia do DNI. No caso en que a obra estea realizada por dúas ou máis persoas, deberase indicar a porcentaxe de participación de cada unha delas a fin de facer efectivo o pago do premio.

O prazo de presentación de obras estará aberto ata o 7 de maio de 2021.

Requisitos
Poderán participar no concurso todas as persoas que o desexen, sen limitación algunha en canto ao número de obras a presentar a cada categoría.

Dotación

Categoría Cómic:
•Primeiro premio "Nobre Villa de Portugalete", 1.700 euros e trofeo.
•Segundo premio: 1.250 euros e trofeo.
•Terceiro premio: 900 euros e trofeo.
•Accésit á mellor obra en eúscaro: 300 euros e trofeo.
•Accésit á autora ou autor local: 300 euros e trofeo.
•Accésit xuvenil (menores de16 anos): 200 euros e trofeo.

Categoría Tira Cómica:
•Primeiro premio: 300 euros e trofeo.
•Accésit menor de 18 anos: 100 euros e trofeo.