Estudar un grao, máster ou doutoramento en Taiwán

22 Feb 2021

A Oficina Económica e Cultural de Taipei en España (OECT) convoca tres bolsas para cursar estudos de Grao, Máster ou Doutoramento nunha universidade taiwanesa ou nos "English Programs" autorizados polo Ministerio de Educación da República de China (Taiwan). Os estudos poden ser cursados en Huayu (chinés mandarín) ou en inglés, dependendo do interese dos solicitantes e as carreiras dispoñibles.

Requisitos: Estudantes españois con nivel educativo mínimo de Bacharelato. O máximo total de anos para que un estudante reciba o beneficio desta bolsa será de 5 anos.

Os períodos establecidos son:
Grao:  máximo 4 anos, desde o 1 de setembro de 2021 ata o 31 de agosto de 2025
Máster:  máximo 2 anos, desde o 1 de setembro de 2021 ata o 31 de agosto de 2023
Doutoramento:  máximo 4 anos, desde o 1 de setembro de 2021 ata o 31 de agosto de 2025

En canto ás achegas darase unha subvención máxima de 1.170 euros aproximadamente en concepto de matrícula e taxas académicas e unha manutención mensual aproximadamente por Grao de 440 euros e por Máster e Doutoramento de 580 euros mensuais.

As universidades nas que estuden os bolseiros concederán as contías respectivas cada mes, dependendo da asistencia e a cualificación dos bolseiros durante os cursos. Tanto o billete ida e volta de avión como outros gastos durante o período da bolsa, tales como o aloxamento, a alimentación, o transporte, o seguro e a titoría de tese correrán a cargo dos propios bolseiros.

Prazo: 31 de marzo de 2021

https://www.roc-taiwan.org/es_es/post/20790.html