MaMaSelf+. Bolsas para cursar máster en Europa

22 Feb 2021

MaMaSelf+ 2021-2023 é un programa de máster de 2 anos financiado polo programa Erasmus Mundus destinado para licenciados/as en física química ou ciencias dos materiais, ou enxeñería, con bo nivel de inglés. Colaboran 5 universidades socias do programa: University of Rennes, University of Montpellier, University TUM, University LMU e University of Torino.

A duración do curso MaMaSelf corresponden a 120 créditos ECTS, os/as estudantes cursarán o primeiro ano nunha das universidades e o segundo ano noutra das universidades mencionadas.

A bolsa para estudantes da UE (países do programa) correspóndese con 37.000 euros para os dous cursos académicos. O importe da bolsa calcúlase segundo a distancia entre o lugar de estancia do estudante e a institución coordinadora no momento da solicitude. Se esta distancia é inferior a 4.000 km o importe da bolsa será de 32.000 euros.

A bolsa inclúe:
Gastos de viaxe
Custos de instalación (segundo a categoría da bolsa)
Contribución de matrícula
Subsidio de subsistencia
Os gastos de viaxe e de vida páganse ao comezo do ano académico, o subsidio de subsistencia págase regularmente durante o ano e un seguro que cobre aos estudantes en todo o mundo por saúde, accidentes e responsabilidade está incluído nas taxas de matrícula.

Prazo: 20 de Marzo de 2021

https://www.mamaself.eu/students-grants