Programa Salvador de Madariaga no Instituto Universitario Europeo

22 Feb 2021

O Ministerio de Educación convoca axudas para contratos predoutorais do Programa "Salvador de Madariaga" no Instituto Universitario Europeo para o ano 2021

Requisitos:
Persoas que estean posesión do título de licenciado, grao ou de master ou os seus equivalentes, en materias xurídicas, económico-empresariais, político-sociolóxicas, ou de humanidades, e queiran realizar o doutoramento no Instituto Universitario Europeo de Florencia, nos devanditos campos. E que en todo caso, deberán terminar e acreditar en posesión do título que lle dea acceso ao doutoramento con anterioridade ao día 31 de agosto de 2021.
Posuír o Certificado do Nivel C1 de inglés.

Contía: 12 axudas para contratación cunha dotación económica mensual de 1.300 euros durante os dous primeiros anos e de 1.600 euros durante o terceiro e cuarto ano, máis dúas pagas extraordinarias cada un dos catro anos.
Cada beneficiario gozará dunha axuda de viaxe para o primeiro ano de estancia no Instituto e outra para o terceiro ano por un importe total de 700 euros cada unha.

O prazo para presentar solicitudes estrá aberto ata o 1 de marzo de 2021.

Máis información nos anuncios do BOE do 22 de febreiro de 2021 e en
http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/99/998759/ficha.html