Contratación de espectáculos de danza

19 Feb 2021

A Consellería de Cultura abre o proceso de selección para a coprodución de tres novos espectáculos de calquera modalidade de danza co Centro Coreográfico Galego (CCG) ao longo deste ano.  A convocatoria inclúe a contratación da estrea e parte da exhibición dos proxectos elixidos.

As bases diríxense de xeito específico a profesionais da produción escénica que realicen a súa actividade maioritariamente en Galicia, quen deberán presentar proxectos orixinais que non fosen producidos con anterioridade. Os espectáculos seleccionados recibirán unha achega económica que non poderá exceder o 80% do orzamento total do proxecto, cun máximo de ata 18.000 euros para cada un deles. Ademais, disporán das instalacións do CCG, na Coruña, para os ensaios e a montaxe das pezas.

Prazo: 4 de marzo de 2021
http://www.agadic.gal/Avisos/detalles/702