Plan de rescate de autónomas/os e microempresas afectadas pola COVID-19

19 Feb 2021

A Consellería de Emprego e Igualdade convoca un plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19, a través de dous programas:

Programa I de apoio ás persoas traballadoras autónomas (TR500A).
Programa II de apoio a microempresas para o mantemento do emprego e da actividade económica (TR500B).

As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.es cos procedementos TR500A e TR500B
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de marzo de 2021.
Máis información no DOG do 18 de febreiro de 2021