Accións formativas on line de EspazoCoop

18 Feb 2021

A Unión de Cooperativas EspazoCoop presenta a súa Programación Formativa -no marco da REDE EUSUMO- para o mes de Marzo de 2021 ofrecendo 3 actividades.  
Os cursos previstos desenvolveranse en modalidade Teleformación, a través da plataforma da Aula Virtual de EspazoCoop.

Son gratuitas as dúas primeiras accións:
Formación para cadros directivos de cooperativas - Inicio 2 de Marzo
Lánzate a emprender en cooperativa (avanzado) - Inicio 3 de Marzo

Ten cota de matrícula a formación:
Ferramentas e canais dixitais para impulsar as vendas - Inicio 16 de Marzo

As cooperativas socias interesadas en participar teñen unha cota reducida de matrícula.

Formación para Cadros Directivos de cooperativas. Do 2 ao 20 de marzo. 20 horas. 2 sesións virtuais de aprendizaxe.

Lánzate a Emprender en Cooperativa – nivel Avanzado. Do 3 ao 31 de marzo. 40 horas. 3 sesións virtuais de aprendizaxe. En colaboración con ECOBAS e a UVigo.

Ferramentas e Canais Dixitais para Impulsar as Vendas. Do 16 ao 30 de marzo. 15 horas. 3 sesións virtuais de aprendizaxe.

https://espazo.coop/rede-eusumo/accions-formativas-de-espazocoop-marzo/?_mrMailingList=761&_mrSubscriber=1865