Podcasts en galego "Xosé Mosquera Pérez, O vello dos contos"

17 Feb 2021

O IES Rosalía de Castro de Santiago e Arraianos Producións, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e doutras entidades, convocan a terceira edición dos Premios de Podcasts en galego Xosé Mosquera Pérez O vello dos contos, uns galardóns cos que se pretende estimular a presenza da nosa lingua nos arquivos sonoros dixitais acubillados nas redes ao tempo que se fai un impulso á creatividade o talento radiofónico da nosa rapazada.

Poderá concorrer a estes premios o alumnado de 10 a 18 anos dos centros de ensino de educación primaria e de secundaria de Galicia, así como doutros centros de ensino non universitario e dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral fóra de Galicia. Tamén poderán participar estudantes de 10 a 18 anos de centros públicos do norte de Portugal.

Aceptaranse podscasts (arquivos de radio dixitais) orixinais e inéditos de un máximo de 3 minutos de duración relacionados coa vida e a obra de Xela Arias e outros aspectos relacionados co patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia e do norte de Portugal.

A solicitude de participación formalizaraa o director ou directora do centro educativo antes do día 4 de marzo de 2021, día do cabonado de Xela Arias, mediante un correo electrónico enviado ao seguinte enderezo: certameradiofonico@iesrosaliadecastro.org (no asunto indicarase “Premio Xosé Mosquera Pérez” e o nome do centro).
O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o 17 de maio de 2021, Día das Letras Galegas

Bases