Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade convocan un concurso de carteis.
Participantes:
Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, a través de equipos constituídos polo menos por unha/un docente que o coordine e por un máximo de 8 alumnas e alumnos.
Categorías:
Alumnado de infantil , 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.
Alumnado 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º de ESO.
Alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.
Temática e características técnicas das obras:
O contido do cartel deberá difundir e transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade, promovendo a igualdade entre mulleres e homes .
O cartel realizarase en formato horizontal ou vertical coas medidas DIN A-3 (42 X 29,7 cm) e enviarase en formato papel e formato electrónico coa extensión JPG ou PDF, e deberá incluír obrigatoriamente a frase “8 de marzo. Día Internacional da Muller”, así como un lema en galego relacionado co fomento da igualdade de xénero e coa non discriminación.
Cada centro educativo só poderá presentar un traballo por cada categoría.
Prazo: ata o día 23 de febreiro do 2021