Relato Breve Parkinson Astorga 2021

16 Feb 2021

A Asociación “Parkinson Astorga” convoca a súa XVIII concurso literario de Relato Breve Parkinson Astorga 2021.

A finalidade deste concurso é:
- Proporcionar información social sobre a enfermidade de Parkinson, moi descoñecida nas súas repercusións familiares e sociais.
- Fomentar a autoestima das persoas afectadas pola enfermidade de Parkinson.
- Apoiar actividades de cultura, potenciando as súas capacidades e axudando para unha ocupación saudable do tempo libre.
- Promover a participación social en xeral.
- Intercambio de experiencias entre asociacións relacionadas con esta enfermidade.

Os traballos, deberán ser redactados en castelán, inéditos e sensibilizados coa realidade da enfermidade, coas persoas afectadas, os seus familiares, os seus coidadores ou a sociedade en xeral. A extensión será dun mínimo de tres folios e un máximo de seis, por unha soa cara, con letra do tamaño 12 e interlineado sinxelo.

Os traballos enviaranse por cuadriplicado, grampados, asinados con pseudónimo e cun título, por correo postal ordinario, acompañados dun sobre pechado, en cuxo exterior figurará o título do traballo e o pseudónimo e no seu interior, fotocopia do DNI do autor, domicilio actual, teléfono/vos e correo electrónico.

Poderán concorrer as persoas maiores de 18 anos, cun único relato por participante.

Premio de 800 euros, diploma e publicación en libro acompañado dos relatos finalistas.

Poderán concederse ata dous accésit, sen dotación económica.

Os traballos deben enviarse a: Parkinson Astorga e Comarca. Rúa Pío Gullón, 20- 4º. 24700 Astorga. León.

O prazo de admisión dos orixinais estará aberto ata o día 20 de marzo de 2021.

https://www.esparkinson.es/concurso-literario-astorga/