A Fundación Ramón Areces convoca bolsas para Estudos de Posgrao - XXXV Convocatoria para Ampliación de Estudos no Estranxeiro en Ciencias Sociais. O fin da convocatoria é financiar a realización de estudos en universidades e centros de investigación no estranxeiro, durante o curso 2021/2022, sobre temas de Economía e Dereito da Unión Europea.
Requisitos:
Estudantes que, ao longo do curso académico 2020/2021, cursen o último ano dalgunha das titulacións mencionadas nunha universidade española ou dun país do Espazo Europeo de Educación Superior.
Prazo: 15 de Marzo de 2021