Bolsas para estudos de máster, doutoramento ou investigación científica

16 Feb 2021

A Fundación Rafael del Pino ofrece 10 Bolsas de Excelencia para realizar estudos de máster, doutoramento ou investigación científica durante o curso 2021-2022.
Estas bolsas están destinadas á ampliación de estudos con dedicación a tempo completo -que inclúe a posibilidade de exercer a docencia-, en Universidades e Centros de investigación de primeiro nivel no mundo.

Requisitos
As persoas solicitantes deberán ter a nacionalidade española.
Deberán ser graduados universitarios, licenciados, titulados superiores ou estudantes que estean a cursar o último curso de grao ou licenciatura.
Deberán acreditar documentalmente un excelente coñecemento escrito e falado do idioma inglés e, no seu caso, do idioma no que levarán a cabo os estudos para realizar.
Prazo: 26 de Febreiro 2021.

https://frdelpino.es/beca-frdelpino/convocatoria-becas-de-excelencia-rafael-del-pino-2020/