Videominuto

16 Feb 2021

A Universidade de Zaragoza, coa colaboración de Cinemaremagnum Servizos Audiovisuais, convoca o "XX Certame Internacional Videominuto".

Presentaranse obras cuxa duración máxima sexa de 1 minuto (60 segundos) incluíndo os títulos de crédito. Non se admitirán obras que excedan dese tempo. Non se admitirán obras presentadas noutras edicións do certame.

Poderanse presentar un máximo de 3 videominutos por participante. O tema do videominuto será de libre elección e poderán presentarse traballos tanto de ficción como de animación.

Todos aqueles traballos cuxo idioma orixinal non sexa o español, deberán presentarse subtitulados ben en español ou en inglés. As obras enviaranse soamente a través de internet.

Un xurado formado por personalidades do mundo da cultura e o cinema seleccionará un máximo de 25 traballos que pasarán á fase final.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 25 de marzo de 2021 ás 18:00 h.

Poderán presentarse ao certame todas aquelas persoas que así o desexen, ben individualmente ou en grupo a condición de que presenten obras cuxa duración máxima sexa de 1 minuto (60 segundos) incluíndo os títulos de crédito.

Dotación
- Premio ao mellor Videominuto internacional: 700 euros.
- Premio ao mellor Videominuto español: 700 euros.
- Premio ao mellor Videominuto aragonés: 700 euros.

Más Información: http://cultura.unizar.es/bases-certamen-internacional-videominuto