"Branch of desire" de Alwin Hardenbol. 1º premio 2019. © Alwin Hardenbol "Branch of desire" de Alwin Hardenbol. 1º premio 2019. © Alwin Hardenbol

Tesoros europeos da natureza

15 Feb 2021

EuroNatur organiza un concurso internacional de fotografía sobre a natureza xunto coa revista "Natur", a tenda de fotografía "Lichtblick" e  GELSENWASSER AG. Todos os fotógrafos afeccionados e profesionais están convidados a embarcarse nunha viaxe fotográfica de descubrimento e capturar imaxes impresionantes das múltiples facetas do mundo natural de Europa.

Os premios outorgados serán:

Primeiro premio 1500€.
Segundo premio 1000€
Terceiro premio 750€
Cuarto premio 500€
Quinto premio  250€

Os premios 6°- 12° e o premio do xurado son un vale por valor de 25€ que se trocará por un rango de produtos de  EuroNatur Service GmbH. Cada gañador tamén recibirá unha copia do calendario de parede dos tesouros naturais de Europa 2022 de  EuroNatur.

Cada candidato poderá presentar un máximo cinco fotografas impresas ou como arquivos dixitais.

Prazo: 31 de marzo de 2021

https://www.euronatur.org/en/what-we-do/nature-photo-competition/competition-2021/