Bolsas na República Checa

15 Feb 2021

O Ministerio de Educación, Xuventude e Deporte da República Checa convoca 500 bolsas para estudantes ou graduados e doutores estranxeiros, que queiran investigar ou realizar visitas de estudo nalgunha das institucións públicas de educación superior da República Checa.

Requisitos:
Estudantes ou graduados universitarios e doutores que queiran realizar unha estancia de investigación nalgunha das institucións públicas de educación superior da República Checa. O período da bolsa será de 2 a 10 meses, as bolsas poden outorgarse repetidamente aos mesmos beneficiarios, sempre que presenten unha solicitude renovada para o seguinte ano académico e sexan seleccionados polas autoridades correspondentes nos seus países de orixe.

A dotación económica será de 9.000 CZK (344,059 euros) ao mes para as persoas que non posúan un título de máster ou equivalente e de 9.500 CZK (363,17 euros) para aquelas persoas que si posúan un título de máster ou equivalente, os bolseiros están exentos das taxas de matrícula. A bolsa debe recollerse en persoa no departamento correspondente da universidade de destino, a menos que a institución de destino (universidade) estipule o contrario.

Prazo: ata o 12 de marzo.

https://sdv.msmt.cz/eu-and-international-affairs/scholarships-for-the-academic-year-2021-2022?lang=2