Meninas Jam 2021

15 Feb 2021

A Universidade da Coruña e a asociación Videoxogo.gal únense para celebrar Meninas Jam, unha jam de videoxogos online do 18 ao 25 de xullo co obxectivo de fomentar o espírito creativo e o interese polo desenvolvemento de videoxogos.

A Universidade da Coruña conta cunha importante oferta para a formación de profesionais orientados á industria dos videoxogos a través do grao en creación dixital, animación e videoxogos
 
As Meninas de Ferrol dan nome a este evento, e a cidade inspira algúns dos temas propostos para a creación dos xogos.
A temática definitiva será escollida por votación entre os participantes da jam ao inicio do evento.

Máis información na web do evento: https://meninasjam.wordpress.com