Arte na aula. Propostas didácticas sobre artistas contemporáneos. Curso en liña

12 Feb 2021

Na aula, a miúdo, traballar a partir dun artista supón coñecer o personaxe e pintar á maneira de. Este curso propón dar un paso máis e asomarnos ao mundo da arte,  no seu sentido máis diverso, como fonte de inspiración á hora de xerar experiencias educativas ricas e globalizadas. Os docentes poderán observar, reflexionar e experimentar a través da plástica antes de levar as súas propostas á aula.

Será un curso en liña, práctico e participativo no que nos achegaremos a diferentes artistas contemporáneos, aproximarémonos aos procesos creativos e exploraremos recursos didácticos. Para iso combinarase o visionado de imaxes e vídeos coa investigación de medios dixitais, a reflexión sobre procesos artísticos e a participación en propostas de taller.

Datas: do 12 abril ao 20 de novembro 2021
As sesións repetiranse ao longo do ano en diferentes datas:
2, 9 e 23 de marzo. Horario: de 17:30 a 20:30 h. Prazo de inscrición: do 15 ao 28 de febreiro de 2021
12, 19 e 26 de abril. Horario: de 17:30 a 20:30 h. Prazo de inscrición: do 15 de marzo ao 8 de abril de 2021
6, 13 e 20 de novembro. Horario: de 10:30 a 13:30 h. Prazo de inscrición: do 13 de outubro ao 4 de novembro de 2021

Programa
Arte contemporánea na aula: por que e para que
Artistas contemporáneos como punto de partida para a elaboración de propostas didácticas
Algúns enfoques para a selección dos artistas
Recursos didácticos para explorar a creación

Persoas destinatarias:  docentes de educación formal (Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato, Ciclos Formativos ou Graos de Educación). Estudantes de graos relacionados coa arte e a educación. Educadores artísticos e persoas interesadas na didáctica da plástica.

Prazo de inscrición:  do 15 ao 28 de febreiro de 2021.
As persoas interesadas poden enviar un correo electrónico a cgac.educacion@xunta.gal no que deberán indicar o seu nome, apelidos, DNI, estudos, área de traballo ou interese, unha dirección de correo electrónico e un teléfono de contacto. As prazas cubriranse por orde de inscrición. Cada solicitante recibirá un correo electrónico de confirmación.

Prazas:  15 persoas

http://cgac.xunta.gal/GL/actividad-detalle/253/artenaula_gl