Atrévete a pescudar con elas!

12 Feb 2021

A Universidade da Coruña a través da súa Unidade de Divulgación Científica prepararou para este ano dúas pezas audiovisuais dirixidas a escolares de educación primaria e secundaria nas que investigadoras coruñesas contan dunha maneira sinxela e próxima a súa traxectoria científica e vital e os seus logros profesionais e relatan anécdotas co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.

A iniciativa “Atrévete a pescudar con elas!” busca que os centros visualicen estes vídeos e os alumnos e alumnas participen enviando as súas preguntas ás científicas ata o 19 de marzo.

Entre todas as aulas participantes sortearase unha visita a un dos centros de investigación do parque tecnolóxico da UDC.

Os vídeos poden verse tamén na canle de Youtube da universidade:
https://www.youtube.com/watch?v=Hmxotkshn_0&feature=youtu.be

Máis información