Rede cultural da Deputación da Coruña 2021

11 Feb 2021

A Rede Cultural da Deputación da Coruña está dirixida aos artistas que queran ser contratados e a Concellos que queran contratar espectáculos.

O obxecto da Rede Cultural é contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e do seu achegamento aos concellos.

Convócanse os seguintes programas de difusión cultural:

Escena ao vivo! Programación de espectáculos profesionais de teatro, monicreques, danza e música para concellos.
Visións. Programación de cinema e contidos audiovisuais para concellos.
Alicerce. Programación de música, danza e teatro para grupos non profesionais.
Lingua a escena! Programa de espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega, para concellos.

Prazos:
Os artistas poderán facer a inscrición de espectáculos ata o 26 de febreiro de 2021, as 14:00 h
Os concellos e asociacións poderán solicitar actuacións dende o 5 ata o 20 de abril de 2021, as 14:00 h.

Máis información en https://www.dacoruna.gal/cultura/rede-cultural/
Publicado no BOP da Coruña do 11 de febreiro de 2021