Subvencións para a contratación de orientadores/as laborais

10 Feb 2021

A Consellería de Emprego e Igualdade fai unha convocatoria de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral.

Quen pode solicitar a subvención?
a) As entidades locais que, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2021 superior a 350 persoas.
b) As confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia, e as fundacións delas dependentes con experiencia na realización de accións de orientación laboral.
c) As entidades sen ánimo de lucro especializadas en atención a persoas con discapacidade, así como aquelas entidades que teñan por obxecto a atención a un colectivo específico de persoas en determinadas situacións de exclusión social (por razóns étnicas, adiccións, ex reclusos, etc) que realicen accións de orientación laboral .
d) As entidades sen ánimo de lucro non incluídas no punto anterior, que teñan entre as súas finalidades a atención a colectivos de persoas en risco ou situación de vulnerabilidade ou exclusión social que realicen accións de orientación laboral

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR331A
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de marzo de 2021
Máis información no DOG do 10 de febreiro de 2021