Adiccións: O teu punto de mira

09 Feb 2021

A Asociación PDS (Promoción e Desenvolvemento Social),, convoca o 10º Concurso de vídeos "Adiccións: O teu punto de mira" sobre prevención dos riscos derivados do consumo de drogas e outras condutas adictivas.

A inscrición ao concurso poderá ser individual ou grupal. Se é grupal, as persoas participantes elixirán a un só representante que será o que deberá inscribirse.

As obras presentadas deberán ser inéditas, é dicir, que non se difundiron publicamente e/ou fosen premiadas en ningún outro concurso. As persoas participantes deberán incluír un título propio nas súas obras, debendo incluír ademais como subtítulo: 10º Concurso de vídeos "Adiccións: O teu punto de mira".

O vídeo ten que ser inédito e colgarse nunha web pública (como Youtube, Vimeo, etc.) que permitan a súa visión pública e poder incrustalo na web.
A súa duración máxima, créditos aparte, é de 2 minutos.
Debe estar relacionado coa prevención de drogas ou outras condutas adictivas (xogo patolóxico en liña e xogos de azar en liña).
Tense que dispoñer os dereitos de imaxe e música.
Os autores das obras premiadas enviarán a través dalgún medio electrónico o arquivo orixinal da obra á asociación PDS.

Requisitos
Ser maior de idade e estar matriculado ou matriculada en ensinos secundarios postobligatorias (bacharelato, ciclos formativos e ensinos de réxime especial) ou nunha universidade española (en estudos de grao, post-grao, doutoramento ou programas de intercambio internacional)

Dotación
Establécese un total de 5.000 euros en premios, distribuídos da seguinte forma:

Primeiro premio ao mellor vídeo: 1.200 euros.
Segundo premio ao mellor vídeo: 1.000 euros.
Terceiro premio ao mellor vídeo: 800 euros.
Cuarto premio ao mellor vídeo: 600 euros.
Premio á mellor valoración do público: 500 euros.
Premio especial ao mellor vídeo realizado no marco dun crédito ECTS: 900 euros.

Prazo: ata o 21 de maio de 2021

http://www.tupunto.org/10o-concurso-adicciones-tu-punto-de-mira/