Bolsas Santander Erasmus

09 Feb 2021

Banco Santander, Crue universidades españolas e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades lanzan o programa de Bolsas Santander Erasmus dirixido a todos/as os/as estudantes das universidades españolas entregando 2.152 bolsas a beneficiarios/as das axudas Erasmus+.

Se queres optar ás Bolsas Santander Erasmus é necesario:
- Ser beneficiario/a do programa Erasmus+ de mobilidade de estudos en Europa e/ou de prácticas.
- Ter un bo expediente académico.

Ademais, as Universidades poderán priorizar a adxudicación das bolsas a:
- A estudantes que recibisen o curso anterior unha bolsa xeral (socioeconómica) do Ministerio.
- A estudantes que acrediten legalmente unha discapacidade igual ou superior ao 33%*

Canto diñeiro?
- 152 Bolsas de 2.000 euros cada unha*
- 2.000 Bolsas de 500 euros cada unha

* As 152 bolsas de 2.000 Euros irán dirixidas a estudantes con necesidades socioeconómicas, o mellor expediente académico e/ou situación de discapacidade igual ou superior ao 33%, á súa vez as universidades poderán priorizar se o consideran necesario a asignación da devandita bolsa entre os/as estudantes que obtivesen unha bolsa MEFP no curso inmediatamente anterior á solicitude desta bolsa.

Os/as estudantes que resulten beneficiarios recibirán un plan de formación e terán a posibilidade de pasar a formar parte da bolsa de emprego de Banco Santander.

Prazo: 15 de marzo de 2021 ata as 23:00 h

https://www.becas-santander.com/es/program/beca-santander-erasmus-2021-2022