O Instituto da Mocidade (INJUVE) lanza unha consulta dixital dirixida a organizacións xuvenís, direccións xerais de mocidade das comunidades autónomas ou dos concellos e a toda a mocidade ata os 35 anos de idade que queira participar.
O obxectivo é fomentar a participación, dando voz aos mozos como protagonistas da posta en marcha de actuacións para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). En concreto, a enquisa articúlase ao redor de cinco eixos fundamentais que recollen as principais preocupacións e inquietudes da poboación nova:
Emprego e emprendemento
Vivenda e emancipación
Ecoloxismo
Educación
Feminismo.
O cuestionario estará dispoñible na páxina web do INJUVE: http://www.injuve.es/conocenos/sondeoagenda2030