Visitas virtuais aos museos científicos da Coruña

05 Feb 2021

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae están pechados actualmente polas circunstancias sanitarias, pero agora o público poderá visitalos de maneira virtual as fins de semana e os días festivos. Estes percorridos, que terán unha duración de 30 minutos e serán gratuítos, realizaranse por videoconferencia, cunha conexión a través de Google Meet.

As persoas que reserven algunha das visitas recibirán unha ligazón para se conectaren co persoal de atención ao público que estará dirixindo a actividade desde o museo, co que ademais poderán interactuar a través do vídeo ou do chat.

As persoas que desexen participar nalgunha destas visitas virtuais deben realizar unha reserva cubrindo un formulario que se atopa neste enderezo https://forms.gle/hJinEEdfM6Xhrr8m6, e que se abrirá para cada fin de semana o luns anterior ás 10.00 horas e pecharase o xoves ás 20.00 horas. O venres pola mañá enviaráselles un correo de confirmación ás persoas que obteñan praza, xunto coa correspondente ligazón para a conexión.

Máis información