18 bolsas artísticas para a mocidade

03 Feb 2021

A Fundación Antonio Gala para Mocidade Creadora fai pública a XX convocatoria de prazas para estimular e promover a creación.

A finalidade da convocatoria é apoiar e promover o labor creativo de novos artistas en diferentes modalidades. Estas bolsas teñen como propósito principal a convivencia entre creadores de diversas disciplinas da arte e a cultura, fomentando así o enriquecemento mutuo.

O obxectivo é facilitar a mozos e mozas de prometedora traxectoria nas súas respectivas disciplinas (narrativa, poesía, teatro, composición musical, pintura, escultura, arquitectura…), o desenvolvemento dun proxecto de creación durante o curso académico 2021-2022.

As prazas convocadas son 18.

A Fundación, convoca para ese mesmo período e condicións, unha praza extraordinaria adicional destinada a un/ha investigador/a que propoña un proxecto sobre algún aspecto concreto da obra e figura de Antonio Gala.

O prazo de envío das solicitudes estará aberto ata o 31 de marzo de 2021

Requisitos
Creadores/as e investigadores/as de calquera nacionalidade, co requisito imprescindible de falar español e ter entre 18 e 30 anos, ambos inclusive, o último día do prazo da convocatoria.

Dotación
A bolsa inclúe a estancia na sede da Fundación (Córdoba, España) de outubro do 2021 ata maio de 2022, coa excepción de dúas semanas durante o período do Nadal (decembro-xaneiro) e os días festivos da Semana Santa, en que aquela permanecerá pechada. Durante o curso, os residentes dedicaranse exclusivamente ao desenvolvemento do proxecto polo que foron elixidos, e deberán, salvo causa excepcional e xustificada, permanecer na sede da Fundación.

Máis información no teléfono  957 487 395 ou no correo electrónico info@fundacionantoniogala.org

https://www.fundacionantoniogala.org/convocatoria