A web da Deputación acolle unha exposición virtual con trinta fotografías sobre as Reservas da Biosfera. Trátase das imaxes que competiron no VI Concurso de Fotografía destes territorios que promove a Deputación de Lugo
Esta edición, que tivo como fío condutor As nosas árbores, busca pór en valor e dar a coñecer o patrimonio natural destas dúas Reservas da Biosfera, xestionadas pola Deputación de Lugo.
Entre as fotografías atópanse tamén as tres vencedoras desta edición, que levan por título As árbores, o corazón das nosas Reservas, Monumento Natural e Green.
A sétima convocatoria do concurso, que versará sobre Sendeiros das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, dará a coñecer as bases nas próximas semanas a través do Boletín Oficial da Provincia.
Unha das imaxes gañadoras do IV Concurso de Fotografía das Reservas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses ilustra o mes de marzo no calendario do 2021 editado pola Rede Española de Reservas da Biosfera, en colaboración coa prestixiosa National Geographic. A fotografía, do castro de Santa María de Cervantes, foi realizada por Óscar Doral e leva o título de Ocaso Castrexo.
1º premio, Árbores, o corazón das nosas reservas. Javier Cabanas Soengas