A Consellería de Emprego e Igualdade convoca axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego
Os obradoiros duais de emprego configúranse como programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de 18 ou máis anos de idade, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado participante a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co devandito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.
Persoas beneficiarias participantes: persoas desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, maiores de 18 anos.
Beneficiarias da subvención, entidades promotoras: concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este, así como entidades sen ánimo de lucro do sector forestal constituídas e rexistradas como asociacións.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 3 de marzo de 2021.
As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento TR353A
Máis información no DOG do 3 de febreiro de 2021