Fomento do deporte na provincia da Coruña

02 Feb 2021

A Deputación da Coruña convoca o Programa de subvencións a asociacións da provincia, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte durante o ano 2021.

Requisitos:
Entidades privadas sen ánimo de lucro, incluídas as federacións deportivas, legalmente constituídas e con domicilio fiscal na provincia da Coruña.
Prazo: as 14:00 horas do día 5 de marzo de 2021
Máis información no BOP da Coruña do 2 de febreiro de 2021