Bolsas para investigación e teses doutorais no CIS

02 Feb 2021

O Centro de Investigacións Sociolóxicas convoca oito axudas para a explotación do seu Banco de Datos, e dúas axudas para a finalización de teses doutorais en ciencia política ou socioloxía, en materias de interese para o Organismo. As oito axudas para a explotación do Banco de Datos do CIS poderán ser indistintamente para investigadores individuais e/ou equipos de investigación.

Requisitos:
Estar en posesión do título de graduado/a ou licenciado/a.

Contía:
- Nas axudas individuais para a explotación do Banco de Datos do CIS a contía de cada unha será de 6.000 euros.
- Nas axudas a un equipo investigador para a explotación do Banco de Datos do CIS a contía de cada unha será de 10.000 euros, cantidade que poderá distribuírse de forma heteroxénea entre os integrantes de cada equipo de investigación en función do traballo efectivamente realizado e as horas reais dedicadas ao proxecto segundo declaración responsable de conformidade asinada polo Investigador Principal (IP).
- Nas axudas para a finalización de teses doutorais a contía será de 5.000 euros cada unha.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de marzo de 2021
Máis información no BOE do 2 de febreiro de 2021 e en www.cis.es