Curso en Rábade de Monitoras/es de Actividades de Tempo Libre da ETL Bugallo

01 Feb 2021

A Escola de Tempo Libre Bugallo abre o prazo para a inscripción no novo Curso de Monitor/a de actividades de tempo libre (titulación oficial da Xunta de Galicia) que organiza xunto coa Asociación Galega de Custodia do Territorio e a Casa das Insuas, en colaboración co Concello de Rábade

No curso incluirase unha titulación a maiores: especialista en educación ambiental

Datas: dende o 20 de febreiro ata o 25 de abril.

Horario ntensivo de fin de semana, sábados e domingos en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 e 3 venres pola tarde.

Nun entorno idílico, ás beiras do río Miño aprenderase todo o necesario para ser monitores/as de tempo libre a partir dunha metodoloxía participativa e adquirindo ademais coñecementos, recursos, actividades e dinámicas para promulgar o coidado e o respeto do medioambiente.

Cumpliranse todos os protocolos pola Covid-19. O curso pode sufrir modificacións en canto a datas e horarios en función da situación sanitaria.

Prezo: 250€ a pagar en dous prazos.

Máis información en info@galwy.com ou no teléfono 982 804 773