Premios á Cooperación 2021

01 Feb 2021

A Consellería de Emprego e Igualdade convoca os Premios á Cooperación 2021.
Estes premios  teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega.

Poderán optar a estes premios as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.
Será requisito necesario para participar estar ao día nas obrigas rexistrais co Rexistro de Cooperativas de Galicia.

Outorgaranse os seguintes premios:
- Premio aos valores cooperativos.
- Premio ao mellor proxecto cooperativo novo.
- Premio á traxectoria cooperativa.

O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos estará aberto ata o 30 de abril de 2021.
Pódese tramitar en https://sede.xunta.es no procedemento TR802Q
Máis información no DOG do 1 de febreiro de 2021