Creación de emprego para a mocidade na provincia da Coruña

25 Xan 2021

A Deputación da Coruña aproba a convocatoria da líña de axudas PEL RELEVO_Creación de emprego para a mocidade.

Beneficiarias:
Estas axudas van dirixidas a aquelas empresas e empregadoras que realicen contratacións indefinidas de persoas mozas da provincia da Coruña rexistradas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, empadroadas en concellos con poboación igual ou inferior 5.000 habitantes ou de 5.001 a 10.000 habitantes con saldo demográfico negativo.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 31 de decembro de 2021.
Máis información no BOP da Coruña do 21 de xaneiro de 2021