Subvencións a veciños e a mulleres rurais

25 Xan 2021

A Xunta de Galicia convoca subvencións a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

A finalidade destas subvencións é mellorar a calidade de vida local e fomentar e dinamizar a participación veciñal e a cohesión social, contribuíndo deste xeito a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza.

As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento PR487A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 22 de febreiro de 2021.
Máis información no DOG do 22 de xaneiro de 2021 e en http://cpapx.xunta.gal
administracionlocal@xunta.gal