O concurso na rede social Tik Tok, impulsado pola área de Xuventude do Concello de Lugo xa ten perfís e/ou contas gañadoras.
O certame, co que se pretendía fomentar entre a mocidade un ocio alternativo e posibilitar a diversión potenciando ademais o concepto dun #nadalnacasa, permitía a participación individual ou conxunta, cun máximo de 3 persoas na mesma formación.
Os perfís gañadores son:
@nee-smilee (individual)
@paquetitos_becaria (individual)
@avilarmk (colectivo)
Recibirán como premio un vale de 20€ ou 60€ para gastar en calquera dos establecementos de restauración de Lugo no que non se incluirán bebidas alcohólicas.
Ana González Abelleira enxalzou igualmente a repercusión que tivo a iniciativa, na que 116 persoas usuarias desta rede social, interactuaron con ela premendo o botón de “me gusta” e que conlevou o incremento, nun 18%, do número de seguidores actuais do perfil @xuventudelugo.