Prazas para persoas con discapacidade intelectual

14 Xan 2021

O Servizo Galego de Saúde convoca concurso-oposición para prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual:
   39 prazas de pinche. Certificado de escolaridade
   10 prazas de técnico/a en farmacia. Título de técnico/a en Farmacia
Requisitos:  Ter recoñecida unha discapacidade intelectual e que o grao de discapacidade global recoñecido sexa igual ou superior ao 33 %.
O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 15 de febreiro de 2021
Máis información no DOG do 14 de xaneiro de 2021