Axudas complementarias a Erasmus+

13 Xan 2021

A Consellería de Educación convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado das universidades de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2020/21.

As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de tres meses.
As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no programa Erasmus+:
a) De 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1.
b) De 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2.
c) De 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3.

Grupo 1: Países do programa con custos de vida superiores
Dinamarca, Finlandia, Irlanda, Islandia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Reino Unido, Suecia

Grupo 2: Países do programa con custos de vida medios
Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Grecia, Francia, Italia, Malta, Países Baixos, Portugal

Grupo 3: Países do programa con custos de vida inferiores
República de Macedonia do Norte, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Romanía, Serbia, Turquía

A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario ED417A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de febreiro de 2021.
Máis información no DOG do 13 de xaneiro de 2021 e en orientacion.sug@edu.xunta.es

Guía do programa Erasmus+ no enlace da Comisión Europea:  https://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources/programme-guide_es