Contratación de mulleres que sofren violencia de xénero

11 Xan 2021

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca subvencións destinadas a financiar a contratación, por parte das entidades locais galegas, de mulleres que sofren violencia de xénero, para a realización de obras ou servizos de interese xeral o social, ata un máximo de 12 mensualidades, para mellorar e facilitar a súa inserción laboral.

As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento SI461A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 11 de febreiro de 2021.
Máis información no DOG do 11 de xaneiro de 2021 e en https://igualdade.xunta.gal