Coñecendo as nosas deportistas

08 Xan 2021

Coñecendo as nosas deportistas é un proxecto da Secretaría Xeral da Igualdade, que pretende achegar unha serie de actividades, pequenas entrevistas e vídeos co obxectivo de coñecer a vida e opinións de mulleres referentes en distintas modalidades deportivas e visibilizar a situación da muller galega no deporte.

Este proxecto ten como finalidade difundir e visibilizar o papel que as deportistas galegas están a facer para avanzar na igualdade entre mulleres e homes en todos os eidos, de cara á eliminación dos estereotipos e as discriminacións que aínda persisten na sociedade.

É un proxecto dirixido a toda a sociedade e moi especialmente ás mozas e aos mozos de Galicia para promover a igualdade entre mulleres e homes.

Podes ver as entrevistas na canle de youtube de Igualdade: https://www.youtube.com/playlist?list=PLT-maIFdEQd9HcMiCIEeN5moc0GeVZITw

http://igualdade.xunta.gal/gl/campanas/conecendo-nosas-deportistas