Axudas para persoas emprendedoras

08 Xan 2021

O Instituto Galego de Promoción Económica, IGAPE, convoca axudas para novas persoas emprendedoras dentro do programa Galicia emprende

Proxectos obxecto de apoio:
Serán subvencionables os proxectos emprendedores de creación ou ampliación de pequenas empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia que na data de presentación da solicitude de axuda non teñan máis de 42 meses de antigüidade desde a data de inicio da súa actividade (primeira alta no IAE). Serán subvencionables tamén os proxectos de reemprendemento, entendendo como tal exclusivamente os autónomos que estivesen de baixa continuada de toda actividade económica por conta propia durante un período igual ou superior a 3 anos

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario IG406F na sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal/portada
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de febreiro de 2021
Máis información no DOG do 8 de xaneiro de 2021 e en http://www.igape.es/gl/crear-unha-empresa/unidade-galicia-emprende