The conversation

07 Xan 2021

A Universidade de Santiago adheriuse á plataforma The Conversation, plataforma de divulgación do coñecemento, que conta na súa base de datos con 113.900 autores procedentes de 3.713 universidades e centros de investigación internacionais.

En virtude desta adhesión, o persoal docente e investigador e o alumnado de doutoramento da USC poderán escribir na vertente española da plataforma divulgativa (The Conversation España, TCES) sobre asuntos relacionados co seu campo de especialización.

Nada en Australia, The Conversation conta con edicións en Estados Unidos, Reino Unido, Canadá, Francia, Indonesia e África, ademais da edición en español, que se lanzou no verán de 2018 e en só dous anos publicou máis de 3.300 artigos e logrou máis de 95 millóns de lecturas, sumando a audiencia da súa web e a republicación dos artigos nuns 200 medios de comunicación españois e latinoamericanos.

Constituída como asociación sen ánimo de lucro con vocación de servizo público, sen publicidade comercial, e de acceso libre e gratuíto, The Conversation España conta xa co apoio de 53 institucións académicas e científicas e fundacións.

https://theconversation.com/es