A Escola Galega de Administración Pública, EGAP convoca unha Bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.
Requisitos:
Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2015 e acreditadas a titulación de licenciatura ou grao en dereito.
Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda.
Ter competencia en lingua galega no nivel de Celga 4 ou superior.
O importe de cada bolsa será de 1.100 € mensuais.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR770F
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 8 de febreiro de 2021
Máis información en https://egap.xunta.gal e no DOG do 7 de xaneiro de 2021