Bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade na EGAP

07 Xan 2021

A Escola Galega de Administración Pública, EGAP convoca unha Bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade.

Requisitos:
– Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2015 e acreditadas a titulación de licenciatura ou grao en Socioloxía ou Ciencias Políticas.
- Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda.
- Ter competencia en lingua galega no nivel de Celga 4 ou superior.

O importe de cada bolsa será de 1.100 € mensuais.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR770P
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 8 de febreiro de 2021

Máis información en https://egap.xunta.gal e no DOG do 7 de xaneiro de 2021