Vive a diversidade, vive a inclusión. Educa en positivo

05 Xan 2021

A Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans e Bisexuais (FELGTB) organizan as X Xornadas Estatais de Educación como espazo de encontro entre profesionais, persoas interesadas, asociacións e institucións que buscan conseguir a inclusión e o respecto á diversidade (corpos, identidades de xénero, expresións de xénero e orientacións sexuais) tanto a nivel legal como real no mundo educativo.

As Xornadas Estatais de Educación forman parte do programa REDE Educa da FELGTB, subvencionado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, e están principalmente dirixidas a profesionais do ensino e a educación formal e non formal, que desexen adquirir formación sobre diversidade sexual, prevención e resolución de conflitos, e exclusión social por razón de identidade de xénero, expresión de xénero e/ou atracción sexual.

As X Xornadas de Educación “Vive a diversidade, vive a inclusión. Educa en positivo” celebraranse os días 1, 2, 3, 4 e 5 de febreiro e levarán a cabo en formato en liña por medio da aplicación Zoom. Para realizar a túa inscrición tes que cumprimentar correctamente un formulario antes do 22 de xaneiro de 2021 ás 13.00 h

https://felgtb.org/jornadaseducacion2020/