XII Premio Atlante do Museo de Artes do Gravado

04 Xan 2021

A Fundación Museo de Artes convoca

Poderán participar todos os/as artistas nacionais e estranxeiros/as que o desexen.
As obras deberán estar executadas necesariamente en calquera dos sistemas e técnicas gráficas, incluídos os procedementos dixitais e electrográficos, que considere conveniente o artista.
Admitiranse como máximo dúas obras por autor/a. O tamaño do papel será de 38 cm x 28 cm. O artista poderá utilizar as tintas e matrices que estime conveniente para estampar os orixinais.
Os gravados serán inéditos e sen ser editados nin numerados. Os premios outorgados traen consigo a  edición das obras premiadas en 25 exemplares e a súa entrega á Fundación Museo de Artes.
Premios:
- Premio Ramiro Carregal de gravado de 5.000 €
- 3 premios dotados con 2.500 € cada un
- 1 premio especial Pedras de Santiago, de 2.000 €, para un artista nacido ou residente en Galicia.
Xunto coa obra achegarase a seguinte documentación: Datos do autor: Nome e apelidos. Técnica utilizada. Medida da prancha.  Breve currículo artístico. Fotocopia do DNI ou pasaporte. Enderezo, número de teléfono e correo electrónico.
Os gravados enviaranse sen enmarcar, convenientemente protexidos, á Fundación Museo das Artes do Gravado. Lugar de Outeiro. ARTES- Ribeira. 15969 A Coruña. España, ata o 31  de maio de 2021.

A Fundación Museo de Artes, comprométese a editar unha carpeta cos 5 gravados premiados. As persoas gañadoras, responsabilízanse de estampar, numerar e asinar os 25 exemplares, máis as 2 probas de  artista; deberán entregar a/as matriz/ces xunto coas 25 estampas á Fundación Museo de Artes.
Os/as 5 artistas  galardoados/as recibirán da Fundación unha carpeta completa cos cinco gravados premiados.
Os traballos seleccionados exporanse nunha das Salas do Museo de Artes.

Para máis información:
Teléfono 981 87 1342
www.fundartes.com
E-mail: fundartes@gmail.com