O Ministerio de Asuntos Exteriores convoca as seguintes bolsas:
Bolsas para a Real Academia de España en Roma
O obxecto do programa é a concesión de bolsas individuais para o financiamento de proxectos de excelencia.
No caso de proxectos colectivos, só poderá gozar da bolsa un integrante do mesmo, preservándose os dereitos de autor do colectivo.
Tipos de proxectos:
- Proxectos artísticos ou de creación.
- Proxectos de investigación vinculados con Roma ou coa propia Academia
Disciplinas:
- Artes Visuais: Pintura; Escultura; Gravado; Cómic; Fotografía; Videoarte
- Artes aplicadas: Deseño industrial, Deseño Gráfico e Deseño de Moda
- Artes escénicas
- Literatura (Bolsa Valle-Inclán)
- Cinema
- Música
- Musicología
- Arquitectura
- Conservación e restauración de bens culturais (patrimonio artístico e cultural, material e inmaterial)
- Arquivística, biblioteconomía e documentación
- Estudos académicos: Historia da arte e Estética (teoría, filosofía e crítica de arte).
- Museología, comisariado e mediación artística
- Gastronomía: creatividade e innovación das técnicas culinarias
Requisitos:
- Artista ou creador de demostrable traxectoria en áreas afíns as especialidades.
- Investigador en áreas afíns a algunha das especialidades.
Prazo: do 18 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2021
Bolsas de formación en xestión cultural e diplomacia científica na rede exterior de representacións diplomáticas, centros culturais de España e na AECID.
Requisitos:
- Idade non superior a 27 anos ao 31 de decembro de 2021.
- Posuír un título universitario, preferentemente nalgunha das áreas afíns ás bolsas.
- Posuír coñecementos do idioma do país de destino, ou do idioma de comunicación no devandito país.
Prazo: do 11 ao 21 de xaneiro de 2021.
Bolsas de formación en cooperación para o desenvolvemento nos Centros de Formación da Cooperación Española en América Latina
Os bolseiros desenvolverán a bolsa nun dos Centros de Formación, situados en Cartaxena de Indias (Colombia), La Antigua (Guatemala), Montevideo (Uruguai) e Santa Cruz de la Sierra (Bolivia)
Requisitos:
- Idade non superior a 27 anos o 31 de decembro de 2021.
- Posuír un título universitario, preferentemente nalgunha das áreas afíns ao programa.
Prazo: do 11 ao 25 de xaneiro de 2021
Bolsas para o Colexio de Europa (Campus de Bruxas-Bélxica e Natolín-Polonia)
Bolsas a mozos graduados para a realización dun dos seguintes estudos ofertados polo Colexio de Europa:
- Estudos Económicos Europeos. (ECO)
- Dereito Europeo. (LAW)
- Estudos Políticos e Administrativos Europeos. (POL)
- Relacións Internacionais da U.E. e Estudos Diplomáticos. ( IRD)
- Estudos Interdisciplinares Europeos. ( EIS)
Requisitos: Ser preseleccionado polo Colexio de Europa e non ter máis de 27 anos o 31 de decembro de 2021
Prazo: do 22 de febrero al 8 de marzo de 2021.
Máis información no BOE do 29 de decembro de 2021 e en www.aecid.gob.es e www.raer.it
https://www.aecid.gob.es/es/Paginas/DetalleProcedimiento.aspx?idp=370