Prazas de persoal laboral en Guitiriz

29 Dec 2020

O Concello de Guitiriz convoca as seguintes prazas de persoal laboral fixo:

Dúas prazas de Técnico/a Medio do Punto de Atención á Infancia a cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
Unha praza de Traballador/a Social a cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
Unha praza de Terapeuta Ocupacional do Centro de Día a cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre.

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 18 de xaneiro de 2021.
Máis información no BOE do 29 de decembro de 2020