Premios de innovación en saúde 2020

23 Dec 2020

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde ven de convocar os Premios de innovación en saúde 2020

A finalidade do premio é incentivar as ideas de innovación dos profesionais sanitarios no ámbito da Consellería de Sanidade e no seu sector público no ano 2020, así como as dos pacientes e as súas asociacións.

1. Establécense os seguintes premios:

1. Establécense os seguintes premios:

• Modalidade de idea de profesionais.Dirixido a persoal ao servizo do Sistema Público de Saúde de Galicia que desenvolva unha idea innovadora no sistema sanitario galego. As persoas físicas que presenten unha idea poden representar un equipo (máximo 4 persoas, incluído o representante), que deberá describirse tal e como se recolle no artigo 6 destas bases.


• Modalidade de idea de pacientes. Dirixido a calquera persoa física (pacientes, coidadores, etc.), organización ou asociación de pacientes sen ánimo de lucro. Tamén poderán presentarse varias persoas físicas, organizacións ou asociacións de pacientes representadas por unha delas (máximo 4, incluído o representante).

Prazo de presentación: 24/12/2020 - 23/02/2021

Acceso á Sede Electrónica da Xunta de Galicia: PROCEDEMENTO SA304A

BASES REGULADORAS