Matemáticas nun clic

22 Dec 2020

O proxecto "Marzo, mes das matemáticas", organizado pola rede de divulgación matemática Dima lanzou o concurso nacional de fotografía matemática dirixido a estudantes de ESO de todo o estado español.

Cada participante pode presentar ata dúas fotografías que obrigatoriamente han de acompañarse de:
- Un título relacionado con calquera idea matemática.
- Os datos identificativos do autor ou autora: nome completo, correo electrónico, teléfono de contacto, nivel educativo (1º, 2º, 3º e 4º ESO) e centro educativo no que estuda (nome e correo electrónico).

O formato das fotografías deberá ser dixital JPG (tamaño entre 1 a 2 MB). As fotografías deberán ser orixinais e inéditas e non poderán ser premiadas en ningún outro concurso, nin poderán ser presentadas a ningún outro concurso mentres este permaneza aberto.

Serán criterios de valoración tanto a idea matemática recollida na imaxe como o título que se lle adxudique e a calidade técnica e artística

As persoas participantes deben remitir as súas fotografías ao correo electrónico marzomates@ull.edu.es ata o 6 de febreiro de 2021.

Premios
Cada persoa premiada a nivel nacional recibirá:
- Un diploma acreditativo.
- Material divulgativo e tecnolóxico.
- Entre as 15 persoas finalistas sortearase unha estancia para dúas persoas dunha semana na illa da  Gomera

http://marzomates.webs.ull.es/concurso-de-fotografia/